Tuesday 14 de May de 2024

Iniciada a homologación do roteiro San Paio de Buscás-Poulo


 

Promovido polo Concello de Ordes o proxecto vén de recibir unha subvención da Xunta e co visto e prace inicial da Federación Galega de Montañismo

O Concello de Ordes está a levar a cabo a homologación do roteiro San Paio de Buscás-Poulo tras serlle concedida por parte de Consellería de Cultura e Turismo unha subvención por importe de 11.660,08 euros. Dita homologación é un proceso federativo interno que avala o cumprimento dos requisitos estipulados pola Federación Galega de Montañismo (FGM). Unha vez que se aprobe tamén será posible o uso da marca da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

Con esta medida o Concello quere complementar a denominada ruta do río Mercurín cunha lonxitude de 18,50 quilómetros e actualmente en fase de contratación. A adecuación e homoloación do roteiro de San Paio de Buscás-Poulo, de 9,67 quilómetros, atópase no entorno do itinerario do Camiño Inglés que transcorre entre ambas poboacións. O carreiro, cuxo pavimento contará segundo o tramo con asfalto, chan non tratado e capas de agregados machucados, terá unha anchura libre de paso de a lo menos 90 cm, chegando a 150 cm naqueles puntos nos que se teñan que realizar cambios de sentido. No caso da altura está garantido un mínimo de 220 cm libres de obstáculos. Traballarase arreo nos desniveis para evitar resaltes de máis de 2 cm, permitindo así o tránsito de calquera persoa con movilidade reducida que precise de elementos ortopédicos para os seus desprazamentos. Deste xeito un dos maiores atractivos que presentará o trazado será a total accesibilidade a pesar de estar falando dunha zona rural.

Tamén se incorporarán indicadores, paneis de interpretación e elementos interactivos cun gran compoñente educativo. Elementos cun gran atractivo para todo tipo de usuarios e, moi especialmente, para os que practican un turismo familiar. Tamén está contemplada a colocación de asentos e sinaléticas horizontais e verticais accesibles para calquera persoas que teña algún problema de percepción visual, sonora ou de calquera outro tipo. Empregaranse diversos soportes para acceder á información audiovisual mediante dispositivos con capacidade de lectura de códigos QR. A ruta, ademais, se incluirá na mashup gratuíta Wikilok. No proxecto dispóñense tamén prazas de aparcamento para persoas con movilidade reducida, que estarán situados o máis próximas aos puntos de inicio e finalización do carreiro.

Segundo as estimacións do Concello e Ordes o proxecto estará rematado a mediados do mes de outubro. Con esta medida o Concello sigue avanzando no seu plan de converter o Camiño Inglés nun revulsivo para a zona rural, na que a día de hoxe xa se atopan distintos establecementos hostaleiros e de hospedaxe rural de alto nivel e calidade.